jueves. 13.08.2020 |
El tiempo
jueves. 13.08.2020
El tiempo

De 'pinchar' en pubs estradenses á Pacha Ibiza

Carlos López no H20 Festival de Vilagarcía. CEDIDA
Carlos López no H20 Festival de Vilagarcía. CEDIDA
O mozo Carlos López porá esta noite a nota musical a unha festa na coñecida discoteca das Illas Baleares

Ten só 23 anos e non se subiu a un escenario fóra de Galicia. Pero este xoves farao, e ao grande. O DJ estradense Carlos López, residente dos pubs do municipio M-80 e Nicol's, será un dos DJ que amenizarán a velada nocturna na coñecida discoteca Pacha Ibiza.

Vive no centro da capital de Tabeirós-Terra de Montes e estudou Bacharelato Artístico no IES Manuel García Barros. Pero desde moi novo este estradense xa tiña clara a súa vocación: quería dedicarse á música. Estudou no Conservatorio da vila e empezou a saborear o ritmo da noite en distintas festas ás que asistía cos seus amigos. Nestes eventos non deixaba escapar a ocasión de mostrar os seus dotes musicais e deleitar aos asistentes coas súas mesturas de cancións.

O mozo estradense vive unicamente da música e ten previsto producir os seus propios temas "se todo sigue indo así de ben"

Así, nada máis cumprir os 18 anos empezou a pinchar nos locais da súa terra natal e en pouco tempo saltou á escena musical autonómica.

A día de hoxe, o estradense pasou pola sala Queen de Mos, o Harbour de Vilagarcía, o Anubis de Tui, o Capitol de Santiago de Compostela ou por locais de Sanxenxo como La Cama ou o Cany. E agora, grazas á invitación de André, "un dos mellores DJ de Galicia" e amigo persoal de Carlos López, farao en Ibiza ante miles de persoas. Na noite deste xoves subirase ao escenario xunto a Groove Amigos, Dayvi e RVFV, entre outros.

E é que a súa paixón pola música e a noite levárono a dedicase unicamente ao seu traballo como DJ e incluso ten previsto producir os seus propios temas. "Se todo sigue indo así de ben, é o que farei", asegura.

O seu repertorio musical está composto por temas eminentemente comerciais, "principalmente reggaeton e electrónica", puntualiza.

De 'pinchar' en pubs estradenses á Pacha Ibiza
comentarios