A Plataforma Aberta Cidadá rexeita os despedimentos na Scientia School de Lalín

Aseguran que as matrículas se manteñen, polo que os cesamentos carecen de motivos 
Exterior del colegio Sagrado Corazón do Deza. DP
photo_camera Exterior do colexio Sacro Corazón do Deza, adquirido por Scientia School. DP

"Resulta difícil de crer que só uns meses despois de competir con outra empresa para comprar o colexio, comprometéndose a manter os postos de traballo, a nova dirección saque da manga unha morea de despedimentos", denuncia a Plataforma Aberta Cidadá (PAC) de Lalín en relación co colexio Scientia School.

Recorda que este centro se atopa "na mesma situación que no momento da compra", porque non se perderon novas unidades educativas e as matrículas mantéñense e, incluso, aumentaron lixeiramente.

"Esta situación, e a ameaza de novos despedimentos, xunto con outros atropelos e inxustizas, está a afectar seriamente a un cadro de persoal que leva xa anos en loita", sinala a PAC.

Este grupo pregúntase como pode a dirección presentar "documentación sen rigor algún para tentar deixar na rúa a profesionais cunha dilatada e demostrada experiencia no eido do ensino". 

Paralelamente, cuestiona o labor sindical, porque só a CIG se pronunciou contra esta medida e que papel desempeña a Consellería de Educación.

Comentarios