Polémica polas figuras do Chicle e Ana Julia Quezada no belén de Valga

A crónica política ocupa un lugar relevante no nacemento

Las recreación de una prisión en el belén de Valga. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera A recreación dunha prisión no belén de Valga. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Belén Artesanal de Valga contén máis de 4.300 figuras que recrean desde o nacemento á crítica social e política. Na obra deste ano cobra especial protagonista o cárcere, con Luis Bárcenas, Iñaki Urdangarin e dous personaxes que xeraron polémica: O Chicle e Ana Julia Quezada.

Algúns visitantes e internaturas consideran que a recreación do asasino de Diana Quer e a muller acusada de matar o neno Gabriel é morbosa e pouco adecuada para o público infantil. Con todo, os creadores do belén defenden que se trata de dous personaxes de actualidade na crónica negra do país. "É unha cousa que por desgraza pasou e consideramos que a tiñamos que poñer. Senón tamén teriamos que sacar a Herodes do nacemento porque tamén matou nenos", argumentou un dos organizadores en declaracións á TVG. Os autores explican que esas figuras se fixeron como "un recordo" ás vítimas e non para "ofender a ninguén".

No plano político, a crise catalá ocupa un lugar significativo no belén, así como o chalé de Pablo Iglesias, o cambio na Presidencia do Goberno ou Abel Caballero e as luces de Nadal de Vigo. 

Máis de 30 veciños participaron montando os 400 metros que belén, que abriu as súas portas ao público este fin de semana.
 

Comentarios