Os 'populares' esixen eliminar un punto negro entre Caldas e Catoira

O que solicitan é unha actuación urxente de mellora na estrada provincial que une ambas localidades 
undefined
photo_camera Os 'populares' visitaron o tramo de concentración de accidentes. DP

Os 'populares' de Caldas de Reis e Catoira reiteraron este venres que é necesaria unha actuación urxente de mellora na estrada provincial Caldas de Reis-Catoira EP8001, un "punto negro" ou de concentración de accidentes, cuxas obras "xa arrastran un retraso considerable e que non pode esperar mais". Así, esixen o cumprimento dos compromisos asumidos pola Deputación de Pontevedra.

"Caldas de Reis e Catoira non poden ser concellos cómplices de que a Deputación sexa titular dunha estrada con un tramo de 4,5 kilómetros de concentración de accidentes e por elo, dun punto negro coñecido en toda Galicia", subliñan os concelleiros do PP de ambos concellos, que apuntan que o organismo provincial «non se pode por de perfil neste tema, ten a obriga de actuar xa, non se pode dicir nos periódicos que a súa prioridade é a seguridade dos cidadáns nas estradas e vías e logo sexa propietaria dunha estrada na que, desgraciadamente, ocorren graves accidentes todos os días".

Os 'populares' explican que no mes de setembro de 2017, hai cattro anos, a presidenta do Goberno provincial, Carmela Silva, "comprometeuse á construcción dunha rotonda no entronque ca AP-9 e a día de hoxe seguimos igual, cun cruce perigoso e sen unha rotonda fundamental para os veciños e para varias industrias moi importantes". "Os compromisos teñen que cumprirse", sentencian os edís de Caldas e Catoira.

Comentarios