PortAmérica despídese e deixa paso a Kaldarte e a Roi Casal

Os artistas iniciaron a elaboración das súas obras e o cantante de Catoira actuará o 12 de agosto en Caldas

Una de las obras realizadas en Caldas través del Programa Kaldarte en la pasada edición. F.S.
photo_camera Unha das obras realizadas en Caldas a través do Programa Kaldarte na pasada edición. F.S.

Sen apenas tempo para saborear o éxito que supuxo PortAmérica, a programación do ciclo Cultura Quente segue adiante en Caldas de Reis, cuxos espazos públicos se converteron desde o martes no lugar onde os seis artistas que foron seleccionados iniciaron a elaboración dos proxectos correspondentes á vixésima primeira edición de Kaldarte.

Andrea Torres, Delio Rodríguez, Katia Giuliani, Maz, Rebeca Lar, Xabier Muñoz e Montserrat Gay son os creadores que terán de prazo ata o día 13 para executar os proxectos que elixiu o xurado.

Aspectos relacionados coa ecoloxía, o medioambiente e o impacto da actividade dos seres humanos na natureza, ademais da temática relacionada cos dereitos das mulleres e a violencia de xénero, engloban o argumentario que define á maior parte das obras.

E cando finalice a Cultura Quente seguirá a festa en Caldas de Reis. O día 12 de agosto, Roi Casal presentará o seu espectáculo Son Galego, Son Cubano na localidade termal, logo de cultivar numerosos éxitos desde a súa presentación no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) en maio do ano 2016. Con letras de Xosé Neira Vilas e a participación dun amplo elenco de artistras, este espectáculo foi visto en directo por máis de 50.000 espectadores.

Roi Casal puxo o martes en escena o seu espectáculo en Cuntis, co que rende unha homenaxe a Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, e a súa actuación será o prato forte das tradicionais fi estas de agosto en Caldas de Reis. O concerto celebrarase ás 22.30 horas, conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a entrada é gratis.

Comentarios