As posibilidades da anguía ao redor do mundo en Valga

A XXXII Edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País deixa os padares maravillados e continúa até sábado
Chefs protagonistas do "showcooking" na Festa da Anguía de Valga.DP
photo_camera Chefs protagonistas do "showcooking" na Festa da Anguía de Valga.DP

A XXXII Edición da Festa da Anguía pon fin ao agosto gastronómico do concello de Valga, que rematou co cuarto e último showcooking que tiña como protagonista a este peculiar e gostoso peixe, e sobre todo ás súas posibilidades e combinacións coa gastronomía mundial.

Rocío Garrido, Coque Fariña e Fran Jamardo foron os encargados de presentar unha viaxe arredor do mundo con tres platos salgados. A primeira receita, combinaba elementos das cociñas peruana e oriental, fusión denominada 'nikkei'. Tratouse dunha versión da Causa limeña, un dos pratos fríos máis emblemáticos do Perú, ao que se lle engadiu elementos asiáticos coas salsas de soia, peixe e ostras.

A seguinte presentación transportou ao público ao norte de África, con anguía en salsa de cervexa negra reducida con cebola tostada e acompañada de cuscús. Como último prato, serviuse un mar e montaña que combinaba raxó de porco desmigado con anguía e verduras como a cabaza, cenoria e cabaciña.

A experencia non estaba completa sen deixar un sabor doce para embelesar o paladar. Os chefs despedíronse cun calleiro, sobremesa tradicional da Ría de Noia e Costa da Morte, substituíndo o ron por caña tostada de Valga.

Na programación, que aínda continúa até o sábado, cunha degustación de tapas elaboradas polo equipo de Indo e Vindo, María Rey elaborará catro cócteles como a Frescaña ou a Pera de herbas. Comida e bebida tendrán precios a partir de 1 euro.

Comentarios