O PP reforza a súa posición de liderado en Lalín e o PSOE perde apoios

O BNG e Vox, á alza, ocupan a terceira e cuarta posición, respectivamente, mentres que Ciudadanos descende á sexta
 
Votación en Lalín. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera Votación en Lalín. PATRICIA FIGUEIRAS

O PP logrou recuperar os apoios perdidos nas últimas eleccións xerais do mes de abril e reforza a súa hexemonía obtendo 369 votos máis, alcanzando os 5.223 apoios. Porcentualmente o incremento é aínda maior, pois nos anteriores comicios un 39,90% dos votos rexistrados foron para os populares, mentres que onte lograron o 46,40% dos sufraxios.

O PSOE, pola súa banda, descende lixeiramente o seu peso na capital adj\> e pasa a obter 2.551 votos, 421 menos que nos anteriores comicios xerais. Esta diminución tradúcese en case dous puntos porcentuais menos. Así, os socialistas obtiveron este demongo o 22,66% dos apoios dos lalinenses fronte aos 24,43% anteriores.

O partido laranxa, que en abril ocupou o terceiro posto, cae agora ao sexto e chega a dividir por tres as papeletas contabilizadas anteriormente. Así, Cidadáns, con 943 votos menos, sumou onte só 551 papeletas. Esta diminución é igualmente palpable porcentualmente, pois o partido de Albert Rivera pasou de alcanzar o 12,28% dos votos hai sete meses a 4,54% actuais. Aínda que non dun xeito tan drástico como no caso anterior, Podemos-EU tamén perde apoios e cae a quinta posición. Este domingo rexistrou 732 votos dos lalinenses (6,5%), 221 menos que en abril (7,83%).

Pola súa banda, un BNG á alza apropiouse onte da terceira posición do ranking con 1.036 votos, 200 máis. Porcentualmente pasou de obter un 6,87% nos anteriores comicios a rozar o 10%, cun 9,20% dos votos totais. Vox, que tamén sobe en Lalín, sumou 939 sufraxios, 281 máis que en abril, situándose como cuarta forza política na capital adj\>.

Íñigo Errejón, pola súa banda, conseguiu 99 votos. Outros partidos sumaron 66 sufraxios en total, entre os que destacou Pacma, con 39. participación. A participación, do mesmo xeito que a nivel estatal, foi menor nestas eleccións xerais. Así, na capital adj\> só 11.431 persoas foron a votar, un 69,97% fronte ao 75,46% do mes de abril.

Os populares continúan primeiros na Estrada cun BNG e Vox á alza
A pesar de rexistrar 62 votos menos que nas pasadas eleccións xerais, un descenso motivado pola baixa participación nestes comicios (só presentáronse ante as urnas o 67,78% dos estradenses censados) o PP reforzou dúas décimas porcentuais o seu liderado, logrando 4.481 votos, co 38,64% dos apoios. O PSOE continúa como segundo partido máis votado pero á baixa, con 3.287 sufraxios, 480 menos que nos anteriores comicios.

Pola súa banda, Podemos-EU mantense en terceira posición con 1.177 votos, 239 menos que en abril.

O BNG sumou 266 apoios e situouse en cuarta posición con 1.111 votos, desbancando deste xeito ao partido de Albert Rivera que cae ao sexto posto perdendo 715 votos. Así, Cidadáns contabilizou só 369 sufraxios no concello estradense.

Vox, tamén á alza, sitúase como quinta forza política rozando os 800 votos (799) e Máis País- Equo logra 134 apoios, pouco máis do un por cento do total. Pacma, pola súa banda, alcanzou os 65 sufraxios. Outros partidos minoritarios sumaron 52 votos na capital de Tabeirós. En total, os votos en branco foron 123. En canto á participación, o número de veciños e veciñas estradenses que deixaron constancia do seu voto ante as urnas foron 11.771, un 6.08% menos que nos pasados comicios xerais do mes de abril.

FORCAREI. Exceptuando o primeiro e segundo posto, que o seguen mantendo PP e PSOE, respectivamente, o mapa electoral debuxado onte difire en gran medida do das anteriores eleccións. Así, o BNG sobe a terceira posición, aínda que con sete votos menos que en abril, rexistrando agora 130. Podemos-EU conserva o seu cuarto posto, con 118 sufraxios, mentres que Vox, que sobe ao quinto, suma 27 apoios e alcanza os 114 votos.

Pola súa banda, e como na maioría dos municipios españois, Cidadáns levou un trompazo e perdeu 98 sufraxios, situándose como quinta forza política con 80 apoios. Máis País-Equo logrou só once votos. A participación tamén foi baixa en Forcarei, pois só 1.951 persoas foron onte a votar, un 64,33% do total do censo.

 

SILLEDA. Os socialistas, segundo posto. O partido de Manuel Cuíña, con maioría absoluta na vila, volveu a situarse como segunda forza nas xerais, con 1.407 votos. O PP segue líder con 1.821 apoios, o BNG obtén 387, Vox 375, Podemos 372, Cidadáns 187 e Más País 56.

VILA DE CRUCES. Cs e Podemos perden votos. O partido de Albert Rivera e Pablo Iglesias levaron un trompazo tras perder 159 e 87 votos con respecto aos comicios de abril, situándose nos 134 e 152, respectivamente. Pola cola séguenlle Vox (212), BNG (313), PSOE (647) e PP (1.259). Máis País logra 21.

RODEIRO. Vox desbanca a Cidadáns. Cidadáns, terceiro nos comicios de abril, cae ao sexto posto con só 26 apoios. O seu lugar ocúpao agora Vox, que suma dez e logra 103. O PP reforza o seu liderado, con 622, seguido do PSOE con 436. O BNG, cuarto, alcanza os cen e Podemos-EU 54.

AGOLADA, BNG e Vox logran máis apoios. Vox logrou onte 51 apoios máis que en abril, con 121 votos e situándose como terceira forza, mentres o BNG sumou 33 máis (99). O PP segue líder (666 votos), seguido do PSOE (360). Podemos (72) e Cidadáns (60) perderon votos e Máis País conseguiu dez.

DOZÓN. O PP sobe á conta de Cidadáns. A pesar de perder votos, porcentualmente o PP reforzou o seu liderado, con 400 sufraxios, á conta de Cidadáns, que cae á sexta posición (11 apoios). O PSOE e BNG mantéñense (109 e 48), Vox alcanza 39 e Podemos baixa a 17.

Comentarios