A praia fluvial de Liñares terá un novo mobiliario

O Goberno local da Estrada destinará o taller de emprego á execución de tarefas de acondicionamento, dotación de mobiliario e mellora do enclave
La playa fluvial de Liñares es una de las principales referencias medioambientales de A Estrada. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera A praia fluvial de Liñares é unha das principais referencias ambientais da Estrada. PATRICIA FIGUEIRAS

Instalar bancos e aparatos de xogos para os nenos e dotar a praia fluvial de Liñares de novas zonas axardinadas son os labores que levarán a cabo os dezaseis veciños da Estrada en situación de desemprego que resulten seleccionados para participar no taller que promove a Xunta en colaboración coa Administración local. Son dous as especialidades: xardinería e carpintería.

Realizarán o seu labor durante un ano e comezarán o 13 de agosto. Son dous os obxectivos desta intervención: mellorar os espazos públicos e dotar de capacidades os alumnos para facilitar a súa inclusión no mercado laboral.

Comentarios