sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

O Premio ás Mulleres Maruja Gutiérrez abre o prazo para presentar candidaturas

A concelleira de Igualdade, Begoña Blanco, a la derecha durante a matanza do porco. PATRICIA FIGUEIRAS
A concelleira de Igualdade, Begoña Blanco, a la derecha durante a 'matanza do porco'. PATRICIA FIGUEIRAS
O galardón ten como obxecto visibilizar e distinguir a capacidade de de iniciativa empresarial e traxectoria persoal e social das mulleres

O Concello de Lalín, a través das Concellerías de Igualdade e Comercio, vén de convocar o XV Premio ás Mulleres Dna. Maruja Gutiérrez 2021, con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O prazo de presentación de candidaturas empezará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boppo e rematará o luns 22 de febreiro.

Este premio ten por obxecto visibilizar e distinguir a profesionalidade, capacidade de iniciativa empresarial e traxectoria persoal e social das mulleres. Trátase duns galardóns que "naceron a fin de promover a transformación de estereotipos sexistas e rachar coas situacións de discriminación por razón de xénero, así como para estimular e recoñecer o esforzo e a traxectoria de mulleres que están desenvolvendo un labor importante no ámbito da igualdade de oportunidades, a fin de que sirva de exemplo para a sociedade e referente para as novas xeracións".

As persoas interesadas en propoñer unha candidatura ou optar a este galardón deberán remitir as candidaturas ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín, aínda que tamén poderán enviarse por correo electrónico a [email protected], indicando no asunto XV Premio ás Mulleres Dna. Maruja Gutiérrez. As ditas candidaturas deberán achegar a ficha que se xunta como anexo I na orde publicada no Boppo e proporcionar datos suficientes que permitan recoñecer á candidata, así como un breve currículo e/ou historia de vida e as razóns polas que considera que é merecedora deste premio.

Poderán optar ao premio empresarias con independencia da forma xurídica da súa empresa e con domicilio social en Lalín e mulleres ou asociacións/colectivos que destaquen pola súa traxectoria tanto profesional como persoal ou no eido social.

O Premio ás Mulleres Maruja Gutiérrez abre o prazo para presentar...
comentarios
ç