Preocupación polo retraso no comezo do curso no CEIP Baño-Xanza de Valga

As obras de mellora non rematan e o PSOE local urxe unha solución. Un grupo de pais e nais farán chegar mañá o seu malestar á Consellería
2020092014530065933
photo_camera Estado das obras que se levan a cabo no centro educativo de Valga. CEDIDA

 As obras de remodelación do CEIP Baño-Xanza de Valga non remataron a tempo para o inicio do curso, aínda que o máis preocupante é que non parece probable que as instalación podan usarse nos próximos días cun mínimo de garantías de seguridade para o alumnado.

O Concello indica que o asunto compete á Consellería de Educación, que non ofreceu todavía explicacións. A ANPA do centro manten, al menos públicamente, unha postura de calma e concesión de máis tempo a administración autonómica, e a empresa que executa as obras non da señais de poder solucionar o retraso.

Mentras, un grupo de pais e nais trasladaron a súa preocupación polas obras comezadas en agosto. En 10 días a Consellería de Educación comunicou dúas veces o retraso do comezo de curso. O primeiro por parte do equipo directivo, o día 8, afirmando que se mudaba a fecha do día 10 para o día 16. A última noticia chegaba o venres cara as 14.00 horas, cando se comunicaba aos pais que o comezo do curso se retrasaba ata o mércores 23, a pesar de asegurar o alcalde na reunión do día 14 que o curso se iniciaría o luns 21.

Ese grupo de país e nais contaron co apoio do grupo socialista municipal. A súa portavoz, María Ferreirós, argumentou que "as familias non poden seguir nesta incertidumbre, precisan ter seguridade e saber cando van poder mandar aos seus nenos e nenas con seguridade ao colexio. A falta de previsión, con dous retrasos, da Consellería é tremenda e pon en xaque a moitas familias que teñen que conciliar. A Consellería non pode dar máis largas. Teñen que ser claros, e se é inviable comezar as clases nun tempo razoable dar unha alternativa. Os nenos e nenas teñen que volver á clase, pero con total seguridade, algo que agora non se garante".

As obras atopanse prácticamente paradas, só con dous operarios. Este luns está prevista unha visita dos técnicos da Consellería ao colexio e tamén unha protesta por parte dese grupo de pais e nais que esixen unha solución.

Comentarios