PSOE e BNG aprobarán os orzamentos de Caldas

Socialistas e nacionalistas subliñan o alto grao do consenso alcanzado e realizarán un seguimento dos acordos
Alcalde de Caldas de Reis. CEDIDA
photo_camera Alcalde de Caldas de Reis. CEDIDA

Os primeiros orzamentos dun mandato que o PSOE de Caldas de Reis afronta en minoría recibirán luz verde no Pleno que se celebrará este luns (20.00 horas). A súa aprobación está garantida unha vez que os socialistas chegaron a un acordo cos dous concelleiros do BNG.

O documento económico pivota sobre catro eixos fundamentais: o medio ambiente, o reforzo da atención social, o apoio ao rural e o fomento dunha mobilidade limpa e sostible.

Paralelamente, as áreas de Cultura, Turismo e Deporte seguirán tendo un notable peso específico, do mesmo xeito que todos os servizos públicos, cuxa calidade queren garantir PSOE e BNG.

Por outra banda, o Goberno local de Caldas de Reis subliña que serán uns orzamentos equilibrados, que permitirán dar continuidade "á boa situación económico-financeira municipal".

O BNG articula en dez propostas as súas demandas. Os nacionalistas subliñan a súa aposta polo saneamento no rural, a firma dun convenio coa Universidade de Santiago para que a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con estude a afección das cianobacterias no proceso de potabilización da auga, medidas mellora do medio ambiente, conservación dos parques infantís e os viarios de titularidade municipal ou a compra das parcelas necesarias para a ampliación do IES Aquis Celenis.

O seu portavoz, Manuel Fariña, subliñou o alto grao de consenso alcanzado cos socialistas e anunciou que realizarán un seguimento para que se cumpran os acordos,

Comentarios