Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

O PSOE pide no Parlamento o plan integral para o encoro antes de final de ano

Estado que presenta a contorna do encoro da Baxe. DAVID FREIRE
Estado que presenta a contorna do encoro da Baxe. DAVID FREIRE

Urxe unha reunión entre a Xunta e os concellos afectados ►Reclama que se cite ao Observatorio Autonómico dos Ríos

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista no Parlamento, Patricia Vilán, formalizou na Cámara galega o que o secretario xeral do PSDEG, Gonzalo Caballero pediu publicamente o pasado mércores durante unha visita ao encoro do Umia en Caldas de Reis: a posta en marcha dun plan integral para a limpeza da canle do río e do fondo do pantano como medidas urxentes contra a cianobacteria.

A través dunha batería de iniciativas parlamentarias, os socialistas reclaman á Xunta que elabore e poña en marcha "antes de que remate este ano" un proxecto de coidado e atención ao encoro e critican o "desleixo" do Goberno autonómico ante a problemática que sofre o Umia pola presenza da microcistina.

Vilán reclama tamén unha reunión extraordinaria entre os representantes da Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Galicia-Costa, Augas de Galicia e representantes de todos os municipios da conta afectados. De igual modo, urxe que se convoque o Observatorio Autonómico dous Ríos de Galicia "ante a sitación de alerta" existente. A parlamentaria insiste en que o problema prexudica de xeito directo a todos os municipios polos que transcorre o río, véxase Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Barro, Portas, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados.

GABINETE DE CRISE. O gabinete de crise creado en Caldas de Reis para facer un seguimento da situación tiña previsto reunirse este venres, pero o encontro foi posposto para primeira hora da mañá do próximo luns.

A cita será unha hora antes da reunión que se convocada para as 10.00 horas na delegación da Xunta en Pontevedra. A ela asistirán representantes provinciais do Goberno galego que exporán a súa postura.

O PSOE pide no Parlamento o plan integral para o encoro antes de...
Comentarios