Rebaixan ano e medio a pena dun condenado por un alixo de heroína en Caldas

O condenado, coa pena de prisión "mínima", deberá pagar ademais unha multa de 2,8 millóns de euros
Sede del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. ADP
photo_camera Sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. ADP

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rebaixou nun ano e medio a pena de cárcere imposto a un dos doce procesados por un alixo de 60 quilos de heroína en Galicia, que as forzas de seguridade preneron nunha nave en Caldas de Reis en agosto de 2017.

A Sala do Civil e Penal do TSXG estimou parcialmente o recurso de Vlado S.A., condenado en primeira instancia a catro anos e medio de cárcere, a pena máis baixa de cantas foron impostas aos doce acusados. Seis deles tamén presentaron recursos que o alto tribunal galego desestimou, entre eles, o avogado vigués Manuel E.M., considerado cerebro da trama, condenado a nove anos e medio de cárcere.

No caso de Vlado S.A., o TSXG revoga a sentenza orixinal da sección quinta da Audiencia de Pontevedra e condénao como cómplice dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de sustancias que causan grave dano á saúde, en cantidade de notoria importancia, a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 2,8 millóns. A pena de prisión imposta é "a mínima atribuída ao cómplice", recalca o alto tribunal galego na súa resolución.

Éste e o resto de acusados foron procesados como compoñentes dunha organización que introduciu 60 quilos de heroína en Galicia en agosto de 2017 e negociou outro de cocaína desde Colombia, pero que non chegou a cristalizar. A Audiencia de Pontevedra considerou como feitos probados que Manuel E. M. e Juan Jesús V.P., o outro membro destacado dentro da organización, realizaban as funcións de coordinación e dirección.

Segundo consta na sentenza orixinal, ambos mantiñan reunións persoais no despacho profesional do avogado e encargábanse dos contactos, a través de distintos medios telemáticos, con provedores estranxeiros, así como de participar en reunións persoais con algún dos membros da organización colombiana.O obxectivo era concertar un envío por mar dun alixo de cocaína que se acabou frustrando.

Máis adiante, iniciaron as xestións para o envío de 60 quilos de heroína que chegaron nun compartimento oculto habilitado nun camión que percorreu media Europa, e que descargou nunha nave industrial de Caldas de Reis. Alí foron detidos a práctica totalidade de procesados, excepto o avogado Manuel E.M., a quen dous coimputados situaron nese lugar horas antes de que concluíse o operativo policial, o que lles valeu para ver reducidas as súas penas.