O recinto feiral de Silleda celebra este mércores Halloween con Panorama

O prezo da entrada é de 5 euros e os menores poderán acceder de forma gratuíta ao recinto

Orquesta Panorama. DP
photo_camera Orquestra Panorama. DP

A Feira Internacional de Galicia acolle este mércores pola noite a estrea dun novo evento musical: o Panorama Halloween. Ademais desta orquestra, actuarán o Grupo Bomba e a discoteca móbil EME Música, con sesións dos picadiscos Marcos Magán e Will Pérez.

O despacho de billetes e as portas do recinto abriranse ás 21.30 horas e o espectáculo comezará media hora máis tarde. Haberá un concurso de disfraces entre o público que acuda caracterizado. Ademais, sortearase unha viaxe a Tenerife. A entrada custa 5 euros, sendo gratis para os menores de doce anos.

Comentarios