Rescatado un septuaxenario que se sentiu indisposto mentres traballa na súa horta en Lalín

Efectivos de urxencias sospeitan que o seu estado puido deberse a un sobresforzo, a un golpe de calor ou a un síncope

Ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Un home de 72 anos que responde as iniciais B. M. M. foi evacuado en ambulancia asistencial ao Centro de Saúde de Lalín na mañá deste luns tras sentirse indisposto mentres traballaba nunha horta da súa propiedade, no número 10 do lugar de Vilacrespo, na parroquia lalinense de Anzo.

Para o seu rescate, foi necesario utilizar un vehículo todoterreo, pois o septuaxenario traballaba nunha zona de terraplén á que a ambulancia non podía acceder. Por iso, o 112, a petición do 061, solicitou a axuda dos Bombeiros, que mobilizaron un 4x4 que chegou ata o home e que o trasladou ata a ambulancia.

A vítima estaba consciente, pero non era capaz de levantarse. Efectivos de urxencias sospeitan que o seu estado puido deberse a un sobresforzo, a un golpe de calor ou a un síncope. Foi un familiar o que deu a voz de alarma. Os Bombeiros recibiron o aviso ás 12.50 horas.

Comentarios