A Revolta do Umia converte a música nunha reivindicación do medio rural

Actuacións musicais, a elaboración dun mural, sendeirismo e actividades para os nenos figuran no programa do festival que se celebra este fin de semana en Vilar de Mato (Cuntis)
undefined
photo_camera A cuarta edición do evento festivo foi presentada onte a beiras do río. BEATRIZ CÍSCAR

O festival A Revolta do Umia nace no ano 2017, promovido por un grupo de veciños de Cuntis que senten a necesidade de articular un proxecto musical diferente, coa contorna rural como escenario. Elixiron a aldea de Vilar de Mato como escenario.

Aos poucos, este evento foi crecendo ata alcanzar unha notable entidade, á que se une o seu gran potencial de crecemento no futuro inmediato.

A situación epidemiolóxica obriga a redobrar esforzos para garantir a seguridade sanitaria, e o festival, ademais de música, contará con varias actividades paralelas para gozar da contorna, nun ambiente festivo.

En canto ás actuacións, o 27 estará protagonizado polas bandas Ratere (Portugal), Los Marcianos e Lisdexia, mentres que o 28 actuarán Familia Caamagno, Agoraphobia, The Rapants, Fondo Norte, Favorita e o dj Víktor Flores na sesión vermú.

O programa abrirase o venres, día 27, cun documental de rock e unha cata sonora ambientada polo violinista de Cuntis Cibrán Seixo

Outro dos puntos fortes desta edición estriba na participación de Joseba Muruzábal que está a elaborar un mural co que homenaxea á muller do rural, entre outras temáticas. O muralista está a proxectar a súa creatividade nunha parede situada no recinto onde se celebra o festival.

O programa abrirase o venres, día 27, cun documental de rock e unha cata sonora ambientada polo violinista de Cuntis Cibrán Seixo. O escenario será un galpón de Vilar de Mato, do mesmo xeito que unha cata de viños.

O sábado pola mañá haberá unha camiñada polas beiras do río Umia, uns pasacalles a cargo do grupo de gaitas Hai que Roelo, un taller de dj, e para finalizar a mañá, unha sesión vermú na que a música a porá o dj Víktor Flores. Xa pola tarde, a Charanga Charandonga percorrerá a contorna do coa súa música ata o comezo das actuacións dos grupos, ás 19:00 horas.

Na contorna do río haberá un taller de percusión impartido pola pandereteira Fransy González e xogos para os máis pequenos. Articular este festival foinos posible grazas ao Concello de Cuntis e á Deputación de Pontevedra.

O Goberno local e a Deputación seguirán apoiando
O presidente da Asociación Cultural Revolta do Umia, Manuel Touriño, aproveitou a presentación do festival, celebrada en Vilar do Mato, para reivindicar máis atención das administracións públicas cara ao rural, ademais de subliñar a aposta por reivindicar o traballo desenvolvido polas mulleres das aldeas ao longo de varias xeracións.

A deputada provincial Vitoria Alonso subliñou a amplitude do programa e a variedade das propostas que contén e tamén o esforzo realizado polos organizadores da Revolta do Umia, que intensifica a presenza da covid-19. A Deputación seguirá apoiando, dixo. Tamén o alcalde, Manuel Campos, comprometeu o respaldo da Administración local e nunha contía superior á que lle correspondeu nesta edición.

Comentarios