Rueda destaca en Fitur a "importancia" do Salón Turístico de Galicia

Rueda, en Fitur. DP
photo_camera Roda, en Fitur. DP

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o Salón Turístico de Galicia, que volverá este ano á Semana Verde de Silleda, para promocionar a oferta do sector na comunidade galega. 

Rueda participou na a presentación de Turexpo Galicia en Fitur, onde incidiu na aposta por un sector estratéxico para a economía galega e o "magnífico escaparate" para promocionar o amplo catálogo de posibilidades que ofrece o territorio. 

Turexpo celebrarase entre o 4 e 8 de xuño no recinto da Semana Verde no seu décimo aniversario, de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. 

Deste xeito, consolídase como un espazo de negocio para o sector a través da súa Bolsa de Contratación, que conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia. 

Ruea sinalou á aposta da Feira Internacional Semana Verde por diversificar a súa oferta e manter as citas tradicionais vinculadas ao sector primario e, ao mesmo tempo, ampliar os eventos destinados a outros sectores como liña para explorar novas vías de negocio. 

Pola súa banda, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que cada ano se converte nun espazo de intercambio de profesionais e que na última edición acolleu máis de 2.800 reunións entre operadores nacionais e internacionais. 

Comentarios