Sabucedo escolle a Paulo Vicente como presidente da Rapa das Bestas

O colectivo celebrou este domingo as súas eleccións á presidencia
Paulo Vicentem cos seus conveciños, despois do reconto electoral. DP
photo_camera Paulo Vicente cos seus conveciños, despois do reconto electoral. DP

Paulo Vicente Monteagudo será o novo presidente da Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo. O colectivo celebrou este domingo as súas eleccións á presidencia nas que saíu elixido o novo cabeza visible do colectivo con 89 votos, un 85% da representación nestes comicios cuxo universo electoral son os membros da parroquia de Sabucedo que onte se saldou, en termos absolutos, con 104 papeletas.

A saída de Henrique Bazal da dirección da Asociación Rapa das Bestas non significará un xiro nas súas políticas, posto que Paulo Vicente Monteagudo Paulo Vicente Monteagudo (Sabucedo, 1981) formaba parte da directiva saínte e, durante os últimos anos, ademais do intenso traballo no monte e no curro, centrouse especialmente nas labores de desparasitación das bestas como consecuencia da súa firme crenza na defensa do benestar dos animais. O novo presidente estudou Música na Universidade de Oviedo e na actualidade exerce de profesor desta disciplina no IES Punta Candieira,

Henrique Bazal ponlle fin a catro anos de traballo nos que liderou, entre outras cousas, as reivindicacións dun plan para conservar a Cabana do Santo fronte os elementos que a ameazan.

Tanto Bazal como Vicente celebraron a alta participación e a implicación que os veciños de Sabucedo amosaron coa asociación que organiza a Rapa das Bestas.

Comentarios