O schnauzer miniatura Made in Spain Heru álzase co triunfo nas exposicións de Silleda

O can de raza carlino Los Chatos del Norte Set Fire to de Rain foi segundo, e o samoyedo Samspring León Killeracadou a terceira praza
photo_camera Uns 300 cans participaron nas exposicións en Silleda. CEDIDA

O schnauzer miniatura Made in Spain Heru, que pertence a Jacqueline Lasry, de Madrid, alzouse onte como campión da 41ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia Abanca e a 94ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia Abanca, as cales se disputaron neste recinto feiral e estiveron organizadas pola Sociedade Canina Galega.

O reserva foi un can de raza carlino de nome Los Chatos del Norte Set Fire to de Rain, de José Luis e Mercedes Santiago Pier, de A Coruña, mentres que o terceiro posto acadouno o samoyedo Samspring León Killer, de Pedro Miguel Da Silva Brito, de Portugal.

En Moi Cachorros o vencedor foi o samoyedo Samspring Dreamaker I'm Legendary, do portugués Pedro Miguel Da Silva Brito, mentres que en Cachorros impúsoxe o can sen pelo mexicano standard Montenegro Arena, da portuguesa Filipa Santos.

2020090711422787800

En Xóvenes a gañadora foi unha femia de bulldog francés de nome D'Cies Dracarys, propiedade de Luis González Fernández, de Vigo, ao tempo que en Veteranos venceu a spaniel continental enana Snob-Zone African Moon, propiedade de Aurora Arnanz. de Segovia. En Razas Españolas o mellor foi o can da raza gos rater Valencia Ain de El Principado, propiedade de Paulino Junquera.

A mellor Parella foi a composta polos exemplares de english toy terrier Ch Nanozova D.J. Malcom e Ch Nanozova Princess of Norway, propiedade de Mónica Martínez, de Santiago de Compostela.

Comentarios