Silleda activa unha enquisa para crear unha plataforma de venda online

Enviarase vía mail o enlace para convidar a participar a todo o sector do comercio, á hostalería e aos autónomo
Operarios realizan trabalos nun vial do muncipio silledense. DP
photo_camera Operarios realizan traballos nun vial do muncipio silledense. DP

O departamento municipal de Comercio de Silleda, que dirixe Pilí Peón, vén de activar a realización dunha enquisa a fin de poñer en marcha unha plataforma de venda en liña para todo o sector comercial, hostaleiro e autónomos do municipio. A través desta plataforma, aquelas persoas e entidades que desexen participar poderán poñer en valor os seus produtos e á venda gañando visibilidade no ámbito dixital.

Para que a ferramenta que se deseñe se adapte o máis posible ás necesidades do sector, dende o departamento de comercio estase a remitir o enlace aos establecementos a fin de cubrir a enquisa, coa posibilidade de facelo de xeito anónimo. Para todos aqueles que non reciban por algún motivo o enlace no seu enderezo electrónico, tamén se informará deste a través das redes sociais a fin de dar unha maior difusión ao proceso. "Apelamos á colaboración do sector, xa que consideramos que a súa opinión é fundamental para poder deseñar a ferramenta máis axeitadas ás suas necesidades", indica Peón.

Con esta iniciativa, que asumirá económicamente o Concello, continúase apoiando o sector económico local nun momento de grandes dificultades antes a situación socio sanitaria que se continúa a vivir. "Actuacións coma esta xunto co programa Silleda Reactiva ou outras iniciativas de apoio, así como as axudas á hostelería que se darán próximamente, forman parte dun paquete de medidas para contribuir dende a Administración Local a paliar a crise actual", engade a concelleira.

Obras de mellora en varios viais cun investimento de máis de 200.000 €
O Concello de Silleda iniciou os traballos de reforma e mellora de viais en distintos puntos do municipio. O proxecto, con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra, foi adxudicado definitivamente a pasada semana en Xunta de Goberno Local á empresa Taboada y Ramos, por un prezo de 219.150 euros.
Os traballos comezan ca limpeza e perfilado das cunetas nos 7 viais incluídos dentro deste paquete de obras: Camiño do Foxo (un vial cercano á vila de Silleda); no lugar de Cimadevila, na parroquia de Escuadro; no Marco, na parroquia de Siador, e a pista de Maril, en Fiestras. Tamén se inclue outro vial en O Ribeirao (Negreiros) e outras dúas en Manduas, no tramo de VilaverdeMedelo e na Moa.
Trátase de viais que polo seu grande deterioro xa non admitían posibilidades de bacheo e que precisaban un arranxo máis en profundidade, a maioría delas con aglomerado.

Comentarios