Sospeitan que o incendio no Punto Limpo de Valga foi provocado

Efectivos do GES de Valga e dotacións de Bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia traballaron este domingo na extinción do incendio do Punto Limpo do Concello de Vaga.

O GES indicou que o lume se declarou ás 12.15 horas e que, de inmediato, reclamouse a presenza dos bombeiros, posto que se estaba xerando unha fumareda moi densa e a capacidade do camión motobomba local non era suficiente.

A extinción deuse por completada ao redor das 14.00 horas.

O lume puido ser provocado, pois se produciu nun módulo pechado de almacenaxe de televisores e pantallas que carece de tomas eléctricas.