‘SuMaS’, agasallos sostibles que nacen da fusión de artesanía e alimentación

Os obradoiros estradenses Atalanta Madera e Maruxío Terra e Sal propoñen uns conxuntos de agasallos con pezas de madeira e galletas
María Rivas (Maruxío) e Isabel Neira (Atalanta). PATRI FIGUEIRAS
photo_camera María Rivas (Maruxío) e Isabel Neira (Atalanta). PATRI FIGUEIRAS

SuMaS é unha colaboracióProducto2n entre Atalanta Madera e Maruxío Terra e Sal. Ámbolos dous obradoiros uniron as súas forzas nun proxecto que rinde homenaxe ás nosas tradicións e aos produtos locais. Propoñen uns conxuntos de agasallo que engloban pezas de madeira e galletas, fusionando así alimentación e artesanía.

O que fai a estes conxuntos tan especiais é que son produtos saudables e de proximidade, presentados en envases elaborados con materiais respetuosos co medio ambiente e producidos en pequenas empresas locais dun xeito tradicional. Esto permite que todos os compoñentes do pack teñan unha segunda vida e cumplan coa filosofía do residuo cero.

Os consumidores poderán adquirir dende un niño de paxaro con galletas saborosas no seu interior e cuns lápices de sabugueiro para despois poder decoralo, ata unha peneira con pratos de mProducto3adeira, galletas saudables e unha bolsa de algodón reutilizable todo elo envolto cunha rede do mar.

Son propostas fermosas, útiles e saborosas nas que sempre haberá unha opción vegana a escoller. Os packs inclúen un barquiño ou unha pajarita de papel onde se explica o proxecto e se aportan ideas de reutilización para tódolos elementos que o compoñen. Os consumidores poderán compartir as súas propostas de reutilización nas redes sociais cos cancelos #eusumo, #eusumoniño e #eusumopeneira.

A colaboración SuMaS supón deixar de lado os produtos globalizados e o industrial e apostar de cheo polo local e a artesanía, poñendo en valor conceptos tan importantes coma a sostenibilidade, o saber facer, o respecto ás materias primas e ó medio ambiente.

O resultado obtido ofrécenos un prodProductouto con marca, prestixiado, con valor intrínseco e único que trata de respostar a unha demanda cansa da estandarización e que apreza e valora os produtos diferenciados.

A través desta colaboración, Atalanta e Maruxío poñen en valor a artesanía como xermolo dun novo modelo empresarial que aposta polas cousas ben feitas. As impulsoras do proxecto encaran esta nova etapa con optimismo e ilusión convencidas de que a unión fai a forza e as sinerxias das dúas empresas traerán novas e fermosas aprendizaxes.

ATALANTA MADERA. É unha marca que nace en Berres, A Estrada, en 1996, a partir dun obradoiro de torneiría de madeira que a familia Neira ten dende fai máis de 200 anos. Isabel Neira é a sétima xeración ininterrompida de torneir@s e a única mulller en Galicia no oficio. Cunha tradición tan longa, xa se levan producido todo tipo de pezas: menaxe de cocina, torneados para mobles, lámparas…

Isabel e Ana continúan o legado familiar, atrevéndose a explorar outras tendencias e dándolle un xiro á súa producción. As súas pezas de menaxe gourmet se atopan nos restaurantes máis selectos de Galicia e algunhas están á venda en Londres, Escandinavia ou Xapón.

MARUXÍO TERRA E SAL. É unha firma estradense que irrumpe no mercado a finais de 2019 apostando polo seu proxecto como filosofía de vida. Está liderado por María e Uxío. Os seus nomes e as súas esencias dan nome a Maruxío Terra e Sal. Uxío do mar e María terra adentro.

Os seus rebolos (así se chaman as súas galletas) xa se venden en moitas tendas ecoloxicas e gourmet. Están elaboradas artesanalmente onde incluso moen a súa propia fariña e os ingredientes son de cultivos sostibles . O obradoiro ubícase en Casa Terra de Rebolos onde propoñen experiencias, cursos de saude e un aloxamento para atoparse e descansar.

Isabel Neira: "Todo o do pack é reaproveitable" 
Eliminar plásticos e outros elementos negativos para o medio ambiente é unha das premisas deste proxecto. Isabel Neira, de Atalanta Madera, asegura que "todo o que forma parte dos packs é reaproveitable". Como exemplo pon os niños de madeira: "En lugar da caixa normal que acabas tirando, os rapaces poden poñer o niño nunha árbore y así os paxaros se aproveitan. Se están nun entorno urbano poden decoralos cos lápices que van incluidos e usalos na rúa o súa habitación para decorar".
Tamén se poden reutilizar outros materiais como a bolsa de algodón, as virutas de madeira ou a rede, "que nos dixeron que se usaba como estropaxo para limpar barcos", apunta Neira.

Comentarios