Todos os núcleos o concello de Forcarei disporán de internet o próximo ano

A finais de 2021, case o 80% das vivendas disporán de conexión
Reunión de Verónica Pichel (derecha) y Patricia Rodiño. CEDIDA
photo_camera Reunión de Verónica Pichel (dereita) e Patricia Rodiño. CEDIDA

Todos os núcleos de Forcarei e Soutelo terán conexión fibra óptica de 600 megabits por segundo simétricos antes de que finalice este ano. Así o transmitiu a representante de Telefónica de España SAU, Patricia Rodiño, á alcaldesa, Verónica Pichel, nunha reunión celebrada no Concello, na que analizaron a próxima ampliación do plan de despregamento da rede de fibra a outros puntos do municipio.

Telefónica de España SAU resultou adxudicataria deste despregamento no concello de Forcarei no marco do Plan Pebang 2019 impulsado polo Goberno de España. Actualmente, debido a convocatorias anteriores deste programa, xa está dispoñible para máis de 700 unidades inmobiliarias (o 21% do total de conexións do municipio) nos núcleos de Forcarei, Soutelo e Espindo, e nos próximos meses revisaranse os casos das leiras que quedaron ata agora sen cobertura nestes lugares, co compromiso de que os traballos estean terminados antes do 31 de decembro.

Así mesmo, ao longo de 2021 está prevista a ampliación desta conexión a outros 43 núcleos de poboación adxudicados a Telefónica, que dotará a outros 1.700 fogares novos de acceso á rede de banda ancha ultra rápida a través da tecnoloxía Fiber to the home con velocidade de 600 megabits por segundo simétricos. Concretamente, os núcleos nos que se actuará o próximo ano son Filloi, Masgalán De Arriba, Taboadelo, Vilaverde, Liñares, Mámoa, Murada, Rabadeiras, Valiñas, Cabanas, Cachafeiro, Carballeira, Covas, Gaxín, Salgueiro, Pontefreixeira, Casanova, Casetas, Chamosa, Ponche, Codesás, Graña, Magdalena, San Xusto, Sanguñedo, Umia, Valadares, Garellas, Portela, Fixó, Alende, Castro, Barro, Guisande, Morgade, Outeiro, Alfonsín, Graña De Umia, Levoso, Quintillán, Rozados, Ventoxo e Vilapouca.

En total, a previsión que trasladou a empresa é que a 31 de decembro de 2021 o servizo de fibra óptica estea operativo en preto de 2.500 unidades inmobiliarias (vivendas, locais e naves), o que suporía unha cobertura do 78% do concello forcaricense.

Comentarios