A UNED celebrará en Portas os días 5 e 6 de outubro un curso sobre o viño na zona do Umia 

A matrícula, que se ten que facer a través da Internet, costa 20 euros

Unas 50 bodegas exportan sus vinos a Estados Unidos, principal mercado internacional para los caldos de Rías Baixas. ALBERTO VALDÉS (EFE)
photo_camera Copa de viño. ALBERTO VALDÉS (EFE)

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) celebrará os próximos días 5 e 6 de outubro, na parroquia de Lantaño, en Portas, o curso 'A Arqueoloxía do viño', que tratará sobre o sector vitivinícola na zona do río Umia. 

Así, o venres día 5, a doutora en Historia da arte e máster en Museoloxía María do Rocío Acha Barral exporá a visión dos lagares rupestres no mundo do viño. Ese mesmo día, o arqueólogo Adolfo Fernández Fernández, profesor da Universidade de Vigo (UVigo) tratará sobre os estudos arqueolóxicos e o viño na zona. 

Por outra banda, o sábado día 6, finalizará a actividade coas conferencias 'As pedras que facían viño. Viaxe polos milenarios lagares rupestres de Galicia', a cargo do presidente da Asociación de Catadoras de Galicia, Luis Padín. 

MATRÍCULA. A matrícula nesta actividade ten un custo de 20 euros e poderá formalizarse a través da páxina web da UNED. 

Comentarios