domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

Atopan sá e salva á septuaxenaria desaparecida este venres en Valga

A muller desaparecida
A muller desaparecida

Foi localizada a pasada noite preto da súa casa, no lugar de Louro

Localizada sá e salva a muller desaparecida no mediodía deste venres en Valga. A septuaxenaria foi localizada na noite do venres ás 23.20 horas preto da súa casa.

Para a localización desta veciña, de 74 anos de idade,  do lugar de Louro foi posto marcha un dispositivo de 50 personas.

Emilia Gómez Torres fora vista por última vez nas proximidades da Mina Mercedes, frente á empresa Intavalsa. Leva vestido azul con estampado floral, zapatillas de cor rosa, chaqueta verde, gorra amarela e bastón. Mide arredor de 1,65 metros, é de constitución forte e de mobilidade reducida.

Unhas cincuenta persoas, entre efectivos do Grupo de Emerxencias, Protección Civil, Garda Civil e veciños, participaron no dispositivo de procura que se centra no entorno da Mina Mercedes.

Atopan sá e salva á septuaxenaria desaparecida este venres en Valga