Valga abonará a factura xudicial dos seus concelleiros

O PSOE califica de "cómico" que o PP pretenda endosarlle o pago da factura da defensa de oito edís populares
 
María Ferreirós. CEDIDA - PSOE de Valga
photo_camera María Ferreirós. CEDIDA

Nunha decisión moi controvertida, o PP de Valga aprobou endosarlle ao Concello o desembolso de 15.769 euros que oito concelleiros deste partido gastaron no súa defensa durante o proceso xudicial aberto pola denuncia do PSOE relacionada coas comisións de coordinación e, no mesmo Pleno, deu luz verde a unha moción para que os socialistas asuman o pago desta factura.

De cómico, "aínda que non sorprendente", califica a portavoz do PSOE, María Ferreirós, que o PP pretenda, en nome da xustiza, "saltarse as sentenzas emitidas e ditar quen debe e quen non debe pagar as costas dun proceso xudicial".

A concelleira mantén que a decisión do partido da gaivota foi sempre evitar que os edís  abonasen a factura e derivar o cargo ao Concello. "Pero, por medo de xenerar unha opinión negativa ante os veciños, disfrazan o asunto", afirmando que debe pagarla el PSOE. Lo que pretende el Concello con esta propuesta es hacer creer a los vecinos "a falsa idea de que as arcas municipais non se verán mermadas", sostén Ferreirós.

"O grupo popular é coñecedor da sentencia xudicial e sabe de antemán que a súa petición non ten recorrido, pero aínda así lanza esta acusación a modo de cortina de fume", agrega.

"Entendemos que non deixa de ser máis que unha zafia táctica para esconder o realmente grave, o uso do diñeiro público de forma partidista", denuncia.

A portavoz do partido do puño e a rosa subliña que o PP "compromete as arcas municipais cando lle carga as costas da súa defensa ao Concello", e recorda que os edís socialistas "asumimos co noso diñeiro particular a nosa defensa xudicial".

Comentarios