Os viquingos gañan ao coronavirus en Catoira

A pandemia obrigou á organización do evento a facer unha edición diferente: non houbo desembarco nas torres, pero a diversión foi a mesma de sempre

Celebración vikinga en Catoira. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Os viquingos, en Catoira. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Xa son sesenta primeiros de agosto nos que Catoira celebra a Romaría Viquinga. Este domingo, aínda que baixo unhas condicións peculiares e cun programa diferente ao tradicional, volveuse celebrar esta festa considerada de Interese Turístico Internacional. 

A pesar de que o evento principal era un desembarco multitudinario no que os viquingos asaltaban a zona das Torres do Oeste, este ano tivo que facerse unha versión reducida desta batalla polas restricións sanitarias: as tres embarcacións das xa clásicas bandeiras branquivermellas chegaron ás ruínas infestadas de furiosos viquingos, pero non houbo asalto nin combate. Tampouco houbo miles de persoas véndoo, como era norma nas edicións previas á chegada da pandemia. 

Con todo, a festa seguiu presente en Catoria: pola mañá, un séquito de viquingos fixo un pasacalles para quentar o ambiente para que despois, cando chegase a música, o público estivese preparado.

Le a información completa na edición impresa deste luns de Diario de Pontevedra

12_30 horas_ Catoira_ As embarcacións viquingas percorren o rio Ulla_ pero non habra desembarco_

Comentarios