Xavier Lemos difunde a riqueza da Igrexa de San Xulián de Ventosa

Os distintos cadros forman parte do proxecto 'Detrás da pegada do Mestre Mateo', que está rematando o artista vigués ►O interior do templo, bautizado como a Catedral do Románico de Galicia por Filgueira Valverde, atesoura esculturas do século XII
Xavier Lemos ante a obra que mostra a Igrexa de San Xulián de Ventosa e a súa contorna. CEDIDA
photo_camera Xavier Lemos ante a obra que mostra a Igrexa de San Xulián de Ventosa e a súa contorna. CEDIDA

Xavier Lemos Godoy é un pintor nado en Vigo no ano 1944. Ao longo da súa carreira fixo un recorrido pictórico por todas as formas desta arte. O surrealismo que ofrece levouno a ser unha figura recoñecida no país, de igual xeito que as obras realizadas durante a súa longa traxectoria, entre as que podemos destacar as do Rei de España e o Papa Juan Pablo II. O covid-19 pillóuno en plena dedicación pictórica, involucrado no proxecto Detrás de las pegadas do Mestre Mateo, que xa está na súa recta final.

Cadros de grande formato para difundir e potenciar a riqueza da Igrexa de San Xulian de Ventosa, en terras dezans de Agolada, coñecida como a Catedral do Románico de Galicia. Foi así como a bautizou o profesor Filgueira Valverde, quen entre outros cargos chegou a ocupar a dirección do Museo de Pontevedra, institución que acolle tres pezas pertenza do Santuario de A Golada, San Gregorio, Santa Bárbara e un Ánxel adorando.

O interior do templo levantado nas faldas do Monte Farelo atesoura esculturas que datan do século XII, atribuindose a autoría ao Mestre Mateo e seus discípulos, canteiros da bisbarra aposentados en Carboeiro onde tiñan un obradoiro.

O templo de San Xulián de Ventosa, situado nas faldas do Monte Farelo. DP
O templo de San Xulián de Ventosa, situado nas faldas do Monte Farelo. DP
 

Unha intervención de bo agrado para o Bispo de Lugo, a cuxa diócesis pertence a parroquia de Ventosa. Según Alfonso Carrasco Rouco "nosas antigas parroquias envelleceron na sua maioría e foron mudando sua función ainda que sigan falando elocuentemente dos bens que nos trouxo vivir como Igrexa de xeración en xeración, e sigan espertando no noso corazón a memoria viva da nosa casa".

Detrás dos pasos do Mestre Mateo, que é así como se denomina o proxecto de Xavier Lemos, existen once cadros, a través dos cales daráse a coñecer o personaxe mediante exposicions por Salas e Espazos do Camiño Francés, desde Roncesvalles a Santiago de Compostela, estando axendadas diversas mostras en Sahagún, León, Carrión dos Condes e Galiza, que non se poidieron levar a cabo polo de agora a causa da pandemia que mudou a nosa forma de vida dende o pasado mes de marzo do 2020, a piques de cumprirse xa un ano.

Entre elas cabe destacar o Sepulcro de Lope de Ventosa, esculpido pola escola do Mestre Mateo e levado as teas polo pintor de Vigo, Xavier Lemos Godoy, fillo daquel outro inesquecible artista, Ánxel Lemos de los Reyes.

Un traballo laborioso que sufriu tamén estos delicados momentos que nos toca vivir, pero ademáis neste tempo, o polifacético artista realizou no patio do seu estudio un inmenso mural de máis de 24 metros de longo por 1,60 metros de alto, inspirado nas Illas Atlánticas.

retratos. Foi ademáis unha época na que realizou dous retratos importantes na su traxectoria pictórica, o Arzobispo de Belcastro, o galego de Sarreas, Xosé Rodríguez Carballo e o Papa Francisco, que xa penduran nas dependencias do Vaticano.

O retrato do Santo Padre está ubicado no Palacio de las Congregaciones, ubicado na Praza de San Pedro, e pode ser admirado polos visitantes. O de Xosé Rodríguez Carballo exponse no palacio de San Carlo, xunto á residencia papal.

Aínda que Xavier Lemos se considera "ateo", ten unha conexión especial coa espiritualidade como reflexan as súas obras referentes a esta temática. Cabe destacar a do Cristo da Vitoria, moi venerado na súa cidade natal.

Apuntar tamén que nestos momentos estáse a constituir unha Asociación Cultural para a defensa do Patrimonio que se describe baixo o nome de O Farelo.

Comentarios