A xornalista Sonsoles Ónega será a pregoeira do LII Feira do Cocido de Lalin

Crespo conseguiu volver traer á capital a Gala do Cocido
Sonsoles Ónega, en una foto de archivo. JAVIER CERVERA
photo_camera Sonsoles Ónega, nunha foto de arquivo. JAVIER CERVERA

A xornalista Sonsoles Ónega, filla de Fernando Ónega, será a pregoeira do LII Feira do Cocido de Lalin, que celebrará o seu día grande o próximo 16 de febreiro.

O alcalde, José Crespo, decidiu apostar porque este ano fose unha muller a protagonista desta cita —declarada de Interese Turístico Nacional— xa que, segundo recordou, nos últimos dez anos só tres mulleres foran pregoeiras, fronte a sete homes.

Por outra banda, Crespo conseguiu volver traer á capital a Gala do Cocido, que se celebrará o 14 de febreiro no Lalín Area. Aínda está por concretar que artistas participarán no evento.

Comentarios