A Xunta autoriza a cesión dunha parcela en Lalín para construír o centro de saúde

A Administración tamén deu luz verde á cesión do inmoble do centro de saúde de Vila de Cruces

O Consello da Xunta autorizou a aceptación dunha parcela para a construción do centro integral de saúde en Lalín cunha superficie de 15.335 metros cadrados, feita a título gratuíto polo Concello e a favor do Sergas.

Deu luz verde tamén á aceptación da cesión do inmoble do centro de saúde de Vila de Cruces. Os custos anuais de mantemento do centro, que conta cunha superficie útil de 853,44 metros cadrados, foron estimados en 57.000 euros.

Para rematar, aprobou a transferencia a Covelo do antigo tramo provincial EP-5106, que discorre polo barrio de Redondo, na parroquia de Barciademera.

Comentarios