A Xunta resalta o atractivo do Belén Artesanal en Movemento de Valga

Foi declarado de Interese Turístico para Galicia en 1995
photo_camera A Xunta destaca o gran valor deste atractivo do Nadal, que posúe desde 1995 o recoñecemento de Interese Turístico para Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o atractivo turístico do Belén Artesanal en Movemento de Valga (Pontevedra), que visitou este luns e que está recoñecido como de Interese Turístico para Galicia desde 1995. 

Na visita, Rueda estivo acompañado polo alcalde de Valga, José María Belo Janeiro, e pola presidenta da Asociación cultural Amigos do Belén, Mª Carmen Castiñeiras. 

A Xunta colabora co Concello na instalación dunha climatización que garante a conservación adecuada das máis de 4.000 figuras talladas de forma artesanal. O Belén de Valga, que ocupa 250 metros cadrados, representa o nacemento en movemento e dentro do contexto dunha aldea galega, así como con referencias a temas de actualidade, nesta ocasión centrados na pandemia do coronavirus. 

Alfonso Rueda sinalou que o Belén de Valga mostra "dedicación, traballo e enxeño" para resumir e captar a actualidade do ano, atraendo cada ano a milleiros de persoas. Así, explicou que, en cada edición, reforza o seu papel como atractivo da provincia de Pontevedra durante o Nadal. 

Comentarios