"A Xunta non está lexitimada para urxir a cesión", di Rey

O rexedor insiste na idoneidade da leira para o Centro de Saúde
Juan Manuel Rey (centro). J.L. OUBIÑA
photo_camera Juan Manuel Rey (centro). J.L. OUBIÑA (ARCHIVO)

O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, saíu este xoves ao paso das críticas da Consellería de Sanidade, que tras desvelar o Concello a súa disposición a ceder unha nova parcela para a construción do Centro de Saúde, urxe á Administración local a asinar o convenio e repróchalle que desde o pasado marzo, en que de entre as valoradas cumprían os requitos para levantar o edifico, o mandatario non comunique oficialmente por cal se decanta.

"Non están eles lexitimados para urxir ou tema", afirma o alcalde, pois "dende a primeira contestación de que nos desbotaban unha leira tardaron máis de sete anos e durante dous consecutivos figuraron partidas orzamentarias para facelo na da Tafona, agora descartada", lembra Rey, quen defende que desde a última comunicación da Xunta, en marzo "pasaron seis meses, tempo lóxico para buscar solucións".

Por parte do Concello estas veñen co ofrecemento dunha leira dunha superficie total de máis de 7.000 metros cadrados, "que ten infórmes favorables dos técnicos da casa e que é a solución máis doada economicamente para o Concello", propietario da mesma. "Á Xunta dámoslle a opción de que escolla que localización quere darlle ó edificio; como se quere a totalidade da parcela", insiste o rexedor, que reitera que son os terreos máis idóneos para asentar o complexo sanitario.

O Concello tamén mostra a súa disposición a cumprir cos requirimentos esixidos no seu día pola Xunta, como a mellora da accesibilidade para evitar cruzar a ponte vella sobre a N-550.

EXPEDIENTE

A Administración local podería ter listo o expediente de cesión ao longo deste venres para remitir á Consellería de Sanidade, segundo avanzou onte o rexedor. A Xunta di estar a esperar a "cesión oficial" dun "terreo libre de cargas e gravames".

Comentarios