Pardo de Vera pon a Pontevedra como exemplo de "provincia das persoas primeiro"

Carmela Silva destaca o compromiso "cun novo modelo de estrada local entendida como espazo público"
Pardo de Vera y Carmela Silva, este luns, no Pazo Provincial, ao inicio da xornada. CEDIDA
photo_camera Pardo de Vera y Carmela Silva, este luns, no Pazo Provincial, ao inicio da xornada. CEDIDA
Expertos en mobilidade urbana convocados pola Deputación e a Asociación Expañola de Estradas coincidiron este luns en poñer como "exemplo de boas prácticas" á provincia de Pontevedra por terse constituido como un "símbolo da mobilidade urbana sostible e amable". O 25 Congreso Vyodeal, o Symposium Nacional de Vías e Obras da Administración Local, contou no Pazo Provincial coa presencia da secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, quen subliñou que Pontevedra "está considerada como a provincia das persoas primeiro".

A mandataria do Executivo central afirmou que nestes momentos non se pode desligar "a xestión e deseño de espazos públicos e as infraestruturas do humanismo", porque "o espazo público perténcenos a todos e todas". "Estou convencida dos inconmensurables efectos positivos do emprego dos nosos espazos públicos sobre o benestar físico e psicolóxico das persoas, a súa incidencia na calidade de vida, na cohesión social e na saúde mental -sinalou a secretaria de Estado-. A estrada que penetra no local é potencial facilitadora agora de que as persoas leven a cabo estes roles sociais e culturais. Cuestións tan importantes como se a cidadanía pode moverse facilmente ou se os espazos de que dispoñemos teñen sido elitizados, teñen que ser factores á hora de redimensionar e pensar os concellos como focos culturais e sociais e non como lugares de paso".

Pardo de Vera recalcou que a mobilidade "é un dereito fundamental que debe asegurarse a cada cidadán e cidadá viva onde viva".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo en valor a aposta desde hai seis anos por un modelo de espazo público "onde a cidadanía ten que ser o centro" e no que o tratamento das infraestruturas cara este obxectivo "é un elemento central da nosa política". "Hoxe -engadiu- esta é unha provincia diferente. Quédamos moito por facer e imos a facelo porque temos un firme compromiso cun novo modelo de estrada local, entendida como espazo público onde todas as persoas vivimos mellor, pero particularmente as máis vulnerables, as que expulsaramos e que non tiñan seguridade algunha".

Na inauguración do congreso, Juan Francisco Lazcano, presidente da Asociación Española de Estradas, destacou que "ningún outro lugar é máis apropiado para acoller este foro que Pontevedra, que pon o acento na humanización do camiño" e lembrou que os viarios locais e provinciais supoñen 70.000 quilómetros, o 41% da lonxitude da rede total do Estado "cunhas características e necesidades de xestión propias".

O deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, explicou o proxecto Ágora como unha iniciativa que continúa o traballo iniciado en 2015 nas vías provinciais, asesorando agora aos concellos para tratar os seus espazos públicos propios. "A Deputación está a asistir aos concellos e a xerar unha inercia que empuxa a seguir o noso modelo de recuperación do espazo público en todos os ámbitos", subliñou.

Comentarios