jueves. 17.10.2019 |
El tiempo
jueves. 17.10.2019
El tiempo

Uns 150 participantes manteñen viva a causa da Vía Verde ata Vigo

Os participantes a pé na cuarta edición da Marcha pola Vía Verde entre Pontevedra e Vigo. DP
Os participantes a pé na cuarta edición da Marcha pola Vía Verde entre Pontevedra e Vigo. DP
As asociacións Pedaladas, A Golpe de Pedal e As Salinas do Ulló reivindicaron por cuarto ano a reconversión do ferrocarril abandonado
 

2019092301103719000Uns 150 participantes formaron parte este domingo da cuarta edición da Marcha pola Vía Verde entre Pontevedra e Vigo, neste caso, marcada polo efecto desmovilizador das malas previsións meteorolóxicas. Responsables de Pedaladas, a asociación que convoca esta marcha na Boa Vila especificaron que o seu colectivo conseguiu reunir a 34 ciclistas mentres que, desde Vigo, a asociación A Golpe de Pedal reuniu a 28 participantes que realizaron o percorrido desde a Porta do Sol.

As Salinas do Ulló, asociación convocante desde Vilaboa, sumou 70 camiñantes a esta causa.

A do mal tempo foi a única anécdota dunha xornada que é xa a culminación da Semana Europea da Mobilidade na zona central da provincia para todos aqueles que reivindican a reconversión dos tramos vellos do ferrocarril nun espazo hábil para senderistas, peóns e ciclistas.

Os colectivos organizadores non ocultaron o baixón en participantes, entre os que se notou a ausencia de representantes políticos de case todos os concellos implicados. Só o alcalde de Vilaboa, Francisco Costa, acudiu á cita.

O alcalde de Vilaboa, o único rexedor na marcha, recordou o valor das vías verdes para avanzar en mobilidade segura e sostible en toda a zona

A Marcha pola Vía Verde, polo demais, non será a última, posto que Pedaladas anunciou que seguirá convocando este acto "ata convencer ás administracións de que se cedan ás vías en desuso para poder unir Vilagarcía, Portas, Pontevedra, Arcade Redondela e Vigo nunha gran vía verde".

O alcalde de Vilaboa, Francisco Costa tamén insistiu no seu apoio á causa. "Non podemos máis que valorar positivamente e apoiar a reivindicación dos colectivos convocantes da marcha", indicou, para engadir que "o Concello de Vilaboa, con seis quilómetros da antiga vía que discurren entre Ponte Sampaio e Figueirido. considera a Vía Verde unha infraestrutura fundamental para vertebrar una boa comunicación peonil e cicloturista entre Pontevedra e Vigo, pondo en valor os espazos naturais como as Salinas do Ulló e facendo un nexo de unión de mobilidade segura entre todolos concellos do contorno da enseada de San Simón".

O rexedor destacou que "mediante as vías verdes, cunha inversión relativamente pequena, e daríamos un grande paso nun modelo de crecemento turístico e Movilidade sostible, xa posto en marcha en outros países como Portugal, e por elo temos que loitar".

Uns 150 participantes manteñen viva a causa da Vía Verde ata Vigo
Comentarios