Unhas 50 persoas acoden á primeira concentación pola Pediatría en Caldelas

La lectura del manifiesto, en la Alameda caldelana. R. FARIÑA
photo_camera A lectura do manifesto, na Alameda caldelana. R. FARIÑA

Unhas 50 persoas acudiron este venres pola tarde á primeira concentración de familias en defensa da Atención Primaria e da Pediatría en Ponte Caldelas. A manifestación foi convocada polos veciños, pero era aberta ás formacións políticas. O BNG non dubidou en apoiar esta concentración.

As reivindicacións na vila céntranse na cobertura da baixa da pediatra para conservar o servizo cinco días á semana (ata o día 1 non contarán con substituto ou substituta). Os veciños tamén piden que se deixe a política de recortes na Atención Primaria.

Comentarios