A actividade da Biblioteca de Poio recupérase e alcanza os 300 préstamos

8708
photo_camera 8708

A Biblioteca Municipal de Poio, en Campelo, está a recuperar o ritmo tras o peche forzoso debido ao estado de alarma. Foi a primeira biblioteca da comarca de Pontevedra en abrir as súas portas, xa na fase 1 da desescalada e renovou a súa actividade con bastante forza. Desde reapertura tramitáronse máis 300 préstamos de libros dos cales 188 corresponden a obras para adultos e 114 a público infantil. Tamén se demandaron seis obras audiovisuais por parte de socios e socias, ademais déronse de alta cinco novos usuarios e devolvéronse 173 tomos, cuxo período de préstamo foi aumentando para aqueles que solicitaron libros pouco antes do confinamento. O departamento conta cunha gran variedade de obras, así o confirma a concelleira de Cultura Raquel Rodríguez, que recorda que na biblioteca atópase moito material narrativo, poético, teatral e cómics. "Continuamos traballando para mellorar e actualizar ou noso fondo de obras. Cada vez contamos cunha oferta máis ampla, sobre todo editoriais en galego", afirma.

As prestacións foron aumentando con respecto á reapertura durante os dous últimos meses, unha vez chegou a nova normalidade, os servizos ofrecidos na biblioteca ían máis aló dos préstamos, como información bibliográfica, asesoramento, hemeroteca, acceso aos catálogos e aos espazos comúns coas medidas de seguridade presentes constantemente.

As actividades de dinamización bibliotecaria e cultural, que retornaron tamén de forma paulatina, contase cunha sala ao 75% de aforamento, ademais de habilitar sinalización para asegurar a distancia de seguridade. Rodíguez Alonso recorda o taller de caligrafía para os máis pequenos que resultou ser un éxito. "En setembro continuaremos ofrecendo iniciativas similares" garante.

comentarios