Agrediron os petróglifos do Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro?

O colectivo A Forneiriña presentou recentemente unha denuncia
Petroglifos de Campo Lameiro. D.P.
photo_camera Petróglifos de Campo Lameiro. D.P.

Integrantes do colectivo A Forneiriña presentaron unha denuncia na Garda Civil de Cuntis tras realizar unha visita ao Parque da Arte Rupestre de Campo Lameiro. A asociación afirma que, froito dunha contratación xestionada durante o mandato do anterior director do espazo museístico, Manuel Rei, realizáronse limpezas na pedra que a deixaron desprovista da súa pátina. A Forneiriña cre que se trata dun tratamento cun alto contido en biocidas que danou aos petróglifos.

No cuartel de Cuntis indicaron aos denunciantes que non se trata dun asunto que poida investigar o Seprona, de modo que quedaron á espera da chegada dun equipo especializado en patrimonio. A asociación tamén insta á Dirección Xeral de Patrimonio a investigar esta actuación e outras que afectaron os petróglifos desde 2014.

Comentarios