A alegría de pisar Tambo 13 meses despois

O primeiro dos percorridos guiados polo colectivo Irmandade Illa de Tambo contou este sábado con cen participantes
Unha das paradas do percorrido pola illa de Tambo. CEDIDAS
photo_camera Unha das paradas do percorrido pola illa de Tambo. CEDIDAS

Os segredos da illa de Tambo son, desde este sábado, menos misteriosos para un cento de persoas que acudiron á primeira visita guiada das organizadas pola Asociación Irmandade Illa de Tambo este ano.

A visita contou cunha importante presenza de nenos, e con persoas chegadas de distintos puntos da xeografía española e non maioritariamente veciños de Combarro e Poio, como se tiña producido noutras ocasións.

Dous dos integrantes da asociación, Claudio Quintillán e Antonio Costa, foron os responsables de exercer de guías dos dous grupos compostos por 50 persoas cada un que percorreron as 28 hectáreas de xeografía da illa.

Distintas paradas do percorrido pola illa, que se iniciou sobre as 10.00 horas do sábado e rematou sobre as 13.30 tras arrodear as 28 hectáreas da mesma.

Ao igual que en todas as visitas que plantea este colectivo, as paradas obrigatorias no percorrido son os principais elementos arquitectónicos que perviven atrincheirados entre a maleza a as masas arbóreas dominadas polos eucaliptos. Os restos do lazareto (que funcionou na illa desde 1865 hasta 1879 e no que tiñan que gardar corentena os mariñeiros que procedían de lugares onde se podían contraer enfermidades incurables), foron unha das paradas, así como os da capela relixiosa e as construccións militares.

Antes de que a man humana se deixara sentir na illa, esta xa estaba chea de elementos naturais que a dotaban de monumentalidade: un deles é o taffoni, a pedra con cavidades talladas polo efecto da erosión e dos elementos que se pode atopar adentrándose na zona elevada da illa.

Distintas paradas do percorrido pola illa, que se iniciou sobre as 10.00 horas do sábado e rematou sobre as 13.30 tras arrodear as 28 hectáreas da mesma.

Segundo os organizadores, pese a que as previsións ofrecían dúbidas sobre o tempo, a visita non se veu interrompida polas débiles chuvias matutinas.

Os grupos partiron separados desde a súa incursión no barco e mantivéronse deste xeito en todo o percorrido pola illa. Membros da Irmandade Illa de Tambo acudiran en xornadas anteriores ao lugar para comprobar que todo se encontraba no seu estado habitual, e na visita constatouse que o entorno segue a ser plenamente visitable. "As sendas estaban practicables e non había maleza nin no interior do lazareto, nin no da igrexa", indicou un dos asistentes, destacando a gran sensación que levaron a maioría dos asistentes desta visita.

Distintas paradas do percorrido pola illa, que se iniciou sobre as 10.00 horas do sábado e rematou sobre as 13.30 tras arrodear as 28 hectáreas da mesma.

A Irmandade Illa de Tambo acudiu con grupos en tres ocasións a este entorno no transcurso de 2020, sendo a excursión de setembro dese ano a última que fixeron. Trece meses despois, os membros do colectivo destacan o crecente interese que esperta este entorno entre os poienses e persoas chegadas doutros puntos.

O 30 de outubro celebrarase outro roteiro das mismas características para o que hai inscrito un cento de persoas. Do mesmo xeito, a asociación conta cunha lista de agarda na que unha cantidade similar de aspirantes a pisar Tambo.

Comentarios