jueves. 06.05.2021 |
El tiempo
jueves. 06.05.2021
El tiempo

Alertan da perigosidade de tres cachorros soltos pola PO-308 á altura de Encoirados

Imaxe dun dos cadelos. DP
Imaxe do cadelo perdido. CANCEIRA DE POIO
A Policía Local media entre a familia responsable dos animais e a Canceira para retiralos da rúa

A Policía Local de Poio acudiu na tarde do venres á Avenida de Encoirados, ante a chamada dun condutor que circulaba pola PO-308 esa mesma mañá, e que advertiu a presenza duns cans en plena estrada, aos que, segundo indicou o xefe do corpo municipal, Antonio Duarte, "estivo a punto de atropelar". 

Non é a única chamada destas características que a Policía Local recibiu nas últimas semanas, pois xa foron moitos os conductores e veciños que alertaron sobre a presenza dos animais nunha estrada que soporta un elevado volume de tráfico diario, coa perigosidade que iso supón. Neste sentido, segundo aclarou a Policía Local, os animais pertencen a unha familia sen recursos, que non pode habilitar un peche en condicións para evitar o paso dos tres cachorros e unha cadela ao exterior.

Deste xeito, e ante a situación da familia responsable dos animais, a Policía Local atópase mediando entre os donos e a Canceira municipal, co obxectivo de posibilitar que os animais sexan transferidos á Canceira, que se encargaría de esterilizalos e poñelos en adopción para buscarlles un novo fogar. Segundo explicou o xefe da Policía Local, esta é unha decisión "que debe tomar a familia, para a que ten que haber consenso, e debe facerse tamén de xeito voluntario". 

A familia debe decidir se entrega os animais á Canceira de xeito voluntario, xa que non lle é posible habilitar un peche na casa

Tras a última chamada sobre a presencia dos cans na estrada que tivo lugar este venres, a Policía Local acudiu ao domicilio novamente para "tratar de mediar e chegar a un acordo". Neste sentido, e ante a imposibilidade da familia de facerse cargo do total dos animais, só os tres cachorros irían á canceira, xa que "son animais pequenos, con bastante saída a nivel de adopcións", mentres que a cadela permanecería no fogar familiar.

Agora, é a Canceira a que debe acordar as condicións da entrega voluntaria coa familia, para evitar que, no tramo da PO-308 á altura de Encoirados, non haxa que lamentar ningún accidente por esta causa.

A Policía Local colabora coa Canceira municipal en casos de recollidas de animais na vía pública

A Policía Local de Poio está en contacto directo coa Canceira municipal, e é o servizo ao que os cidadáns deben recorrer en caso de atopar algún animal perdido na vía pública. Moitas desas intervencións teñen un final feliz, como é o caso do cadelo que se mostra na imaxe e que, tras perderse estes días en Poio, puido reencontrarse coa súa familia

Alertan da perigosidade de tres cachorros soltos pola PO-308 á...
comentarios
ç