Ananos, a hortofrutícola de Sacos que non atopa mans para a recolección

O único cultivo de arándanos da comarca e un dos escasos produtores galegos con selo ecolóxico encadea dous anos con carencias de persoal na tempada alta  Contan con seis temporeros e necesitarán outros tantos
Manuel cultiva cuatro variedades: Duke , Chandler, Aurora y Ochlockonee y obtiene frutos hasta septiembre. J.L. OUBIÑA
photo_camera Manuel cultiva catro variedades: Duke , Chandler, Aurora e Ochlockonee e obtén froitos ata setembro. J.L. OUBIÑA

Fai uns seis anos que Manuel Ángel iniciou en montes de O Cadavo, Santa María de Sacos, a súa aventura empresarial vinculada á silvicultura. A través dun acordo coa comunidade de montes local, fíxose con varias hectáreas de terreos nas que iniciou unha plantación do que entón era un produto case único na provincia: os arándanos.

A día de hoxe, cando a súa explotación conta coa madurez necesaria para dar froitos dun calibre máis que aceptable no mercado, son varias as competidoras que se sumaron a esta carreira en toda a provincia e no resto de Galicia, pero a historia de Ananos —unha plantación cuxo investimento inicial alcanzou os 55.000 euros— xa ten un bo ritmo e xa non é só a dunha hectárea e media con catro variedades do arbusto do froito morado. Agora hai fresas, grosellas, grosellas brancas, mouras e frambuesas de Ananos. A firma, que ademais se topou cunha realidade de mercado complicada cando por fin o produto alcanzou a talla e calidade desexada, ampliou as súas formas de chegar ao gran público, engadindo a marmelada de arándanos e o zume, —realizados ambos baixo o selo ecolóxico— á súa gama de produtos. Ademais de chegar ao mercado almacenista, estes arándanos están presentes xa en bastantes fruterías e tendas de alimentación de Pontevedra, abastecendo, deste xeito un mercado de proximidade no que se poden atopar a prezos a partir dos 16 euros o quilo.

O bo funcionamento da plantación chegou a facer incluso que o propietario se atope ante un panorama inesperado: ofrece traballo temporal na recolección e empeza a atopar dificultades para cubrir os postos. A clave, explica, está en que a maduración do arándano pódese prolongar durante todo o verán, grazas á combinación de distintas especies, e isto fai que ao posible persoal temporeiro, sexalle difícil combinar a tarefa con outros traballos estivais, como os da hostalería ou a recolección da uva. Manuel conta con seis traballadores e traballadoras, que nestas xornadas manteñen a custodia das primeiras fileiras de arándanos da súa plantación.

O bo tempo, explica "está a acelerar moito a maduración e este ano parece que sacaremos todo antes case de que comece setembro", Para entón, calcula que vai necesitar a axuda doutras seis persoas. "Aínda que pagamos segundo convenio, e sumamos os sábados retribuídos como horas, e temos xornada partida, non sempre temos xente para cubrir estes postos", explica.

Unha das claves, apunta "pode ser o feito de que o traballo de campo está menos valorado que o outro, aínda que obxectivamente as condicións poidan ser iguais ou mellores". Outra, é o horario: ao parar para comer e incorporarse pola tarde nas horas de menos sol, os e as traballadoras, ven o posto menos atractivo. "Aínda que a xente que é de por aquí se que é certo que ten menos problema. Vai a comer á casa e despois volta", aclara.

TAREFA DELICADA. Polo demais, parece que nin a crise sanitaria influíu demasiado na forma de traballar desta recolección. Ao ser media ducia de traballadores, estableceuse que percorran as fileiras cuns metros de separación (tres arbustos ou catro) e que se sometan a frecuentes lavados de mans con xel hidroalcohólico. Ademais, os seus equipos persoais (un cinto con varios compartimentos clasificadores) se higienizan tamén antes de que os collan os traballadores e as traballadoras.

A tarefa de retirar os froitos non é moi esixente no físico, pois os arbustos alcanzaron xa unha altura ergonómica, pero, en cambio, si o é na propia recolección: sácanse un a un, deixando que o froito verde siga a súa maduración e clasifícanse "in situ" segundo aspecto e calibre. A produción desta plantación, moi preto xa do seu estado óptimo, alcanzou o ano pasado os 4.000 quilos de froitos vermellos e espérase que a colleita deste ano sexa aínda maior.

Comentarios