lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

A ANPA do CEIP A Lama xunta máis de 250 firmas para reclamar un pediatra

Centro de saúde da Lama. ARCHIVO
Centro de saúde da Lama. ARCHIVO
Denuncia que a falta de facultativo "redunda moi negativamente" na atención sanitaria á poboación que reside no rural

A Asociación de Nais e Pais do CEIP da Lama recolleu máis de 250 sinaturas para pedirlle á Consellería de Sanidade a reposición do servizo de Pediatría no Centro de Saúde. A ANPA critica que precisamente no momento en que se está producindo o regreso aos centros escolares, tanto ao CEIP como ao instituto compartido de Ponte Caldelas, o Centro de Saúde da Lama se atope sen servizo de Pediatría.

O texto engade que tamén hai graves problemas para que os nenos sexan derivados aos médicos de Atención Primaria, que neste momento, na Lama son inexistentes, xa que un está de baixa e o outro de vacacións sen ser substituído ningún dos dous galenos. Así, cada vez que un cativo se pon enfermo, os pais e nais vense obrigados a desprazarse ata o Servizo de Urxencias de Hospital Provincial, en Pontevedra, a uns 35 quilómetros de distancia.

"Agora que acaban e poñer en marcha un protocolo nos centro de ensino para que ante a detección de síntomas compatibles coa covid-19 non se envíen aos rapaces aos colexios e se poñan en contacto cos centros de saúde, na Lama vemos como non temos servizo de Pediatría e hai unha desasistencia total en canto a médicos de Atención Primaria", aseguran. 

A ANPA insta a Sanidade a solucionar con urxencia este problema que "redunda moi negativamente na atención sanitaria á poboación que reside no rural e que se ve desasistida ante momentos de especial preocupación polo aumento de casos de covid-19 na área sanitaria na que esta". 

A ANPA di que se está tratando dun xeito discriminatorio aos nenos e nenas do rural especialmente aos da Lama porque "estamos creando unha importante fenda entre os que residimos no rural e os das cidades creando nenos con dereitos de primera e nenos de segunda e eso é inxusto que defende o estado do benestar", conclúe.

A ANPA do CEIP A Lama xunta máis de 250 firmas para reclamar un...
comentarios