Antón Xil presenta o proxecto dun complexo termal para Ponte Caldelas

O lugar contaría cun Hotel-Balneario, un Centro de Día e un Auditorio

Complejo termal, en Ponte Caldelas. DP
photo_camera Complexo termal, en Ponte Caldelas. DP

O candidato do PP por Ponte Caldelas, Antón Xil, presentou este luns o proxecto co que concorrerá ás eleccións municipais, consistente nun complexo termal composto por un Hotel-Balneario, Centro de Día e Auditorio.

Esta edificación contempla unha zona de SPA, terraza superior, cafetería, ximnasio, zona de inhaladores, jacuzzis, piscinas ao aire libre e cubertas. Ademais presenta unha cafetería, un restaurante e un total de 18-20 habitacións.

Antón Xil defendeu un modelo público asumido de xeito transversal polas distintas Consellerías da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra co fin de garantir a titularidade pública.

Centro de Día, en Ponte Caldelas. DP

Comentarios