Arde un camión cando circulaba por Barro

O condutor puido estacionalo nun lugar apartado das casas antes do incendio
photo_camera Un camión ha comenzado a arder cuando circulaba por la N-550 a su paso por Barro, cerca del cruce con la calle Estrada.

Un camión comezou a arder cando circulaba pola N-550 ao seu paso por Barro, cerca do cruzamento coa rúa Estrada.

O condutor, ao ver que comezaba a saír fume do capó, tivo tempo a deter o vehículo nunha zona afastada das vivendas e á marxe dos carriis, xusto antes de que comezase a arder.

Ao momento acudiron os Bombeiros do Salnés, que extinguiron as chamas se que se chegasen a producir máis danos que os materiais.