Arrincan os traballos do xeriátrico de Cerdedo, que estará en marcha en 2019

O proxecto conta cun investimento de 1,7 millóns ► Terá 48 prazas, das que varias serán de urxencia social

Las excavadoras realizaron los primeros movimientos de tierra. D. P.
photo_camera As escavadoras realizaron os primeiros movementos de terra. D. P.

A empresa Ogmios Proxecto iniciou esta semana os traballos para a construción da nova edificación para ampliar a residencia da terceira idade de Cerdedo. Os primeiros traballos consistiron nas tarefas de desmonte, movementos e escavacións.

Hai tres semanas o rexedor local, Jorge Cubela, acudiu ao momento para asinar a acta de reformulo co xerente do Consorcio de Igualdade, Perfecto Rodríguez. Desde esa cita perfiláronse diversas cuestións técnicas e administrativas necesarias para pór en marcha as obras.

O novo xeriátrico público, que contará con 48 prazas das que unha porción estarán a disposición do Concello para os casos de urxencia social, suporá un investimento integral de 1,7 millóns de euros.

A obra foi contratada por 1,45 millóns e os 250.000 euros restantes destinaranse á dirección de obra, estudos, equipamentos e dotación de mobiliario.

A futura residencia disporá de 24 habitacións dobres en dous andares e numerosos espazos comúns e estase edificando en dúas parcelas lindeiras ao actual centro de maiores, unha das cales xa era propiedade do Consorcio e outra foi conseguida polo Concello e posteriormente posta a disposición da Xunta.

Unha vez finalizada esta actuación, a actual residencia reconverterase en centro de día cunha oferta de trinta prazas, o que permitirá completa 78 prazas nas dúas modalidades: residentes e atención diúrna.

O presidente municipal, Jorge Cubela, mostrou a súa satisfacción, "xa que se activa a conta atrás para dispor dunha das mellores residencias de Galicia". Dádo que o prazo de execución de 18 meses fixa o fin da obra para abril de 2020, o goberno local espera que o novo xeriátrico estea en funcionamento no segundo semestre do ano próximo.

Comentarios