Bertín, o avó do CAAN, xa ten novo fogar

O can que chegou hai seis anos ao centro de Armenteira foi adoptado por unha veciña de Cerdedo-Cotobade
Bertín chega a súa nova casa. DP
photo_camera Bertín chega a súa nova casa. DP

Bertín, o primeiro can en chegar ao Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) que xestiona a Deputación de Pontevedra en Armenteira, ten novo fogar. O animal que máis tempo levaba no centro, ao que entrou sendo un cachorro en 2013, foi trasalado ao domicilio de Elisa, a veciña de Valongo, en Cerdedo-Cotobade, que o adoptou.

A historia de Bertín ten por un final feliz. Este mestizo desfruta xa no seu novo fogar en Cerdedo-Cotobade, onde foi trasladado este mércores polo persoal do centro despois de pasar os seus primeiros anos de vida nas instalacións da Armenteira.

O avó do CAAN chegou cun mes de vida ao centro en abril do 2013

O último chamamento feito pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, a pasada semana durante a presentación da nova campaña de sensibilización do CAAN, tivo finalmente resposta cando Elisa, de 63 anos, tomou a decisión de adoptar a Bertín. Esta veciña da Raña, na parroquia de Valongo do devandito municipio pontevedrés, recibiu "encantada" o can, acompañada de Mariña, a súa sobriña neta.

“Estamos moi felices de que por fin Bertín teña un fogar por vez primeira na súa vida", indicou Carmela Silva.  "A súa historia, e as que demos a coñecer nestes días, como o caso dos cinco cachorros arroxados a un colector en Vilanova, amosan que o problema do abandono de animais segue a ser grave", explicou a presidenta da institución provincial.

"Bertín era o can máis especial que tiñamos"

Bertín despídese de CAAN. DPA historia de Bertín é unha máis dos moitos cans e cadelas que seguen a ser abandonados. Sendo un cachorro, chegara con apenas un mes de vida ao CAAN o 11 de abril do 2013, tan só tres días despois da apertura do centro dependente da institución provincial. Este mestizo apareceu abandonado, aínda que en bo estado de saúde, na Praza Maior do municipio de As Neves, onde o propio Concello foi que deu o aviso ao CAAN. Na Armenteira entrou como o can número 14 e, se ben ao principio era asustadizo e desconfiado, na actualidade tiña moi bo carácter, segundo destaca o persoal do centro.  

O veterinario xefe do CAAN, José Luis Pedreira, subliñou tamén que Bertín é "o can máis especial que tiñamos”. "Ata agora nós fomos a súa familia, evidentemente non a máis adecuada, pero a que coñece”, indicou, para afirmar logo que é seguro que o animal se acostumará enseguida ao seu novo fogar: "a unha situación mellor nos adaptamos sempre, os animais tamén".

No centro atópanse preto de 450 cans á espera da adopción. Cara este Nadal, a Deputación acaba de lanzar unha nova campaña de sensibilización baixo o lema Esteriliza, adopta, que pretende facer fincapé na tenza responsable dos animais, así como na adopción fronte á compra. 

Bertín, no seu novo fogar. DP

Comentarios