A borrasca Dora trae neve, choiva e moito frío

A cota baixará ata os 500 metros este venres e situarase en 700-1.000 o sábado ► Alerta no litoral por ondas e vento
Nieve en Pedrafita el año pasado. SEBAS SENANDE
photo_camera Neve en Pedrafita. SEBAS SENANDE

O temporal invernal Dora xa está en Galicia. Desde este xoves e durante toda a fin de semana, esta borrasca traerá á comunidade fortes ventos, choivas copiosas e incluso neve en cotas baixas. De feito, este venres podería nevar aos 500 metros nas zonas máis orientais de Lugo e Ourense. O sábado a cota subirá ata 700-1.000 metros, segundo a previsión de Meteogalicia.

 [A previsión para este venres. METEOGALICIA]METEOGALICIA

Se a neve e a choiva serán protagonistas en terra, no mar haberá ata o domingo unha sucesión de alertas por ondada e vento, que irán desde o nivel laranxa que estará activo este venres ata o vermello que imperará na costa da Coruña o sábado por ondas, segundo Meteogalicia.

 [A previsión para este sábado. METEOGALICIA]Previsión do sábado

As alertas tamén se sucederán no interior da comunidade, aínda que serán amarelas por acumulación de neve en zonas do interior de Lugo, Ourense e Pontevedra que poderían ser superiores aos cinco centímetros o sábado.

 

Sensación de moito frío
As temperaturas tamén sufrirán un descenso notable, máis acusado nas máximas, e a sensación será de moito frío por culpa do vento intenso do noroeste. Haberá, ademais, xeadas en zonas do interior.

Nas cidades, as mínimas oscilarán entre o 1ºC previsto en Lugo aos 8ºC da Coruña, mentres que as máximas non superarán os 5ºC na cidade amurallada e serán algo máis benévolas nas cidades atlánticas, con picos de ata 12ºC en Vigo e de 11º en Pontevedra, A Coruña e Ferrol.

Comentarios