O camión dunha obra esnaquiza o Cruceiro da Áspera, en Barro

O Concello activou as medidas para rehabilitalo, despois de que a empresa aceptase a responsabilidade sobre o accidente

Estado en que quedó la construcción. DP - Cruceiro de Áspera, en Barro
photo_camera Estado en que quedou a construción. DP

O Concello de Barro custodia nos baixos do edificio consistorial os fragmentos do Cruceiro da Áspera, pertencente ao mesmo lugar da parroquia da Portela, que este luns foi esnaquizado involuntariamente por un transporte da construción.

O edil socialista e tenente de alcalde José Sanmartín encargouse de acompañar ao secretario municipal, que ten coñecementos sobre patrimonio e axudou no proceso de recollida de todas as partes do elemento patrimonial, que, segundo calcula o propio concelleiro "debe ter bastante antigüidade".

Estado en que quedou a construción. DP - Cruceiro de Áspera, en Barro2

O suceso produciuse a media mañá, cando, en palabras do tenente de alcalde, "o camión de transporte dunha empresa da construción estaba facendo unha manobra na zona. Ao dar marcha atrás, de modo involuntario, o transporte deu co cruceiro co mal resultado que todos puidemos ver posteriormente". Sanmartín aclarou que "a empresa púxose de inmediato en contacto co concello, recoñecendo a súa responsabilidade nos feitos, e facilitándonos moito a labor, posto que deste xeito poderemos activar o procedemento para poñer en marcha a recuperación deste elemento sen necesidade de demandas nin de litixios".

O cruceiro, situado nunha zona na que ademais se adoitan reunir os veciños do lugar, é, segundo a web do Concello, unha construción sinxela "cun sobrio pedestal semisioterrado". A figura dispuña de fuste "cuadrangular, logo octogonal, capitel con volutas rematado en cruz coa figura de Cristo e a Virxe".

Estado en que quedou a construción. DP - Cruceiro de Áspera, en Barro3

O golpe do camión reduciu a construción a unha chea de pedras de distintos tamaños. Oito das pezas teñen aínda certo volume, pero moitas delas son pequenas, e tiveron que ser transportadas nunha caixa de cartón. Outro dos elementos máis danados é o remate. A figura de Cristo, que estaba xa erosionada, quedou totalmente destruída. O Concello consultará inicialmente coa Consellería de Cultura e a xefatura territorial de Patrimonio para decidir cal é o camiño a seguir de face a iniciar a restauración.

Comentarios