Campo Lameiro reforza o seu comercio local con dous sorteos de cara a Nadal

Os comerciantes repartirán 20.000 boletos entre os clientes para sortear cheques regalo
El Gobierno local, en la presentación de la campaña. DP
photo_camera O Goberno local, na presentación da campaña. DP

O Concello de Campo Lameiro quérese adiantar aos posibles efectos do Nadal atípico anunciado polo Goberno central reforzando o seu comercio. O alcalde, Carlos Costa, e o seu equipo de Goberno presentaron onte unha nova campaña de apoio a este sector coa promoción de dous sorteos entre os clientes dos comercios locais.

Trátase dunha campaña que suma mil euros en premios, que serán cheques regalo para gastar no comercio local, e que se entregarán aos gañadores de sendas rifas. O primeiro sorteo terá lugar o 28 de novembro, tomando como referencia as cifras de sorteo da Lotería Nacional. O segundo, o 22 de decembro, co del Gordo de Nadal.

O Concello elaborou 10.000 boletos numerados que os comercios locais irán repartindo entre os seus clientes. A data límite é o 28 de novembro e para entón, o sorteo da Lotería de Nacional permitirá decidir quen é o gañador dun cheque regalo de 100 euros canxeables ata o 31 de decembro.

O segundo dos sorteos, o 22 de decembro coincidindo co Sorteo de Nadal repartirá cinco premios de 200, 175, 150 euros, así como dous de 125 euros cada un. A campaña forma parte do plan Campo Lameiro de todo para tod@s, dotado cunha web e microespazos para os comercios e servizos prestados polos profesionais empadroados ou que desenvolven a súa actividade neste municipio.

"O que pretendemos é axudar a que nestes momentos difícis o comercio local sinta o noso apoio e proximidade e tamén queremos fidelizar á clientela local a aquelas persoas que ao longo do ano seguen confiando nos establecementos que xeran riqueza e emprego", apuntou o alcalde na presentación.

Comentarios