O Canteira Fest supera con nota a súa segunda edición

O Canteira Fest foi adicado, este ano, ás mulleres do mar do Concello, que na súa maioría son mariscadoras
Un concerto do Canteira Fest. DAVID FREIRE
photo_camera Un concerto do Canteira Fest. DAVID FREIRE

Un festival con grandes nomes da música galega, con cine, con debates e, sobre todo, coa mirada posta nas reivindicacións da loita pola igualdade e da natureza. Así foi a segunda edición do Canteira Fest, celebrada esta fin de semana na Canteira das Lapas, en Paredes, Vilaboa, nun espazo acondicionado para vencer á chuvia e para gozar de música de grupos e intérpretes como a Banda de Música de Vilaboa, Primordiais, o concerto infantil As novas músicas de aquí, TNT, Os meninos, a cantante María Xosé Silvar, Sés, o grupo Pelepau, Flow do toxo e Señora DJ. 

A música extendeuse desde o mediodía do sábado, na segunda xornada, ata ben entrada a madrugada, e os e as asistentes puideron gozar, de distintos petiscos e postos de comida e bebida. O Canteira Fest foi adicado, este ano, ás mulleres do mar do Concello, que na súa maioría son mariscadoras. A homenaxe plasmouse en distintos aspectos, como os videos promocionais do evento ou a proxección do documental, o documental Doli, doli, doli e as conserveiras

O festival tampouco faltou á súa cita coa ecoloxía e desenvolveu onte unha actividade divulgativa sobre microplásticos, ademais de sumar a compostaxe de orgánicos e separación de residuos en todo o recinto.

Comentarios