Centos de devotos acompañan á patroa dos poienses na tradicional peregrinación nocturna

As tres comitivas relixiosas: desde San Salvador, Campelo e Combarro acudiron ao santo encontro no Mosteiro, onde unha misa ás 00.00 horas deu inició ás festas patroais
As distintas procesións reuníronse na Seara. RAFA FARIÑA
photo_camera As distintas procesións reuníronse na Seara. RAFA FARIÑA

Centos de fieis déronse cita este lunes a partir das 22.00 horas para a peregrinación máis multitudinaria das que acolle o municipio de Poio no seu calendario de eventos relixiosos.

A devoción pola Virxe da Mercé, patroa do municipio e avogada dos cautivos, fíxose notar un ano máis na triple procesión desde os distintos puntos do municipio cara o Mosteiro de Poio, onde tivo lugar a célebre misa nocturna que dá inicio a unha das verbenas máis populares do concello.

Devoción pola Virxe da Mercé en Poio. RAFA FARIÑA (2)

Pese a que a ameaza de chuvias estivo presente durante todo o día, as asociacións que se encargan de acompañar as figuras relixiosas desde Campelo, San Salvador e Combarro cara o Mosteiro, mantiveron en todo momento a súa intención de levar adiante a tradicional procesión e o santo encontro no vial que sube cara a Praza do Mosteiro de San Xoán.

Para o caso de que a intensidade da chuvia fora demasiada, cada entidade contaba cun vehículo para transporte de emerxencia que actuaba como coche escoba na procesión e no que se meterían as figuras relixiosas para transportalas ata a igrexa «aínda que sempre tentamos, polo menos iniciar a procesión», indicou un dos responsables da asociación que custodia a principal procesión, desde a capela do Hospital Da Mercé (actual Hospital Quirón) ata o Mosteiro.

Devoción pola Virxe da Mercé en Poio. RAFA FARIÑA (3)

A outra das comitivas atravesou Campelo desde a igrexa desta localidade e a terceira, coa imaxe de Combarro e a de Armenteira, parteu da vila monumental para chegar tamén pola PO-308. En todos os casos as comitivas ocuparon un carril dos viais, incluida a PO-308, pero entre as 22.00 e as 00.00 horas o tráfico permaneceu pechado no tramo da avenida da Seara entre a rotonda do Rego do Mouro e o ascenso ao Concello.

A última festa da Mercé na que estiveron presentes as choivas foi en 2010 e tampouco entón se suspendeu esta multitudinaria procesión. A xornada deste martes, festivo local, conta tamén cunha cita relixiosa, a misa solemne, ás 12.00 horas, que culminará coa ofrenda da vendimia. Ademais, pola tarde, ás 19.00 horas, terá lugar a misa e procesión dos arcos.

Devoción pola Virxe da Mercé en Poio. RAFA FARIÑA (1)

Comentarios